Mayo 2012
13 publicaciones nuevas
Chegou aos nosos oídos unha longametraxe con moito fondo.
A película de animación baseada na novela gráfica de Paco Roca, gañadora do Premio Nacional do Cómic en 2008, está xa á venda en DVD, logo de gañar 2 premios Goya neste ano 2012.
O filme narra a amizade entre Emilio e Miguel, dous anciáns recluídos nun xeriátrico. Emilio, que chegou con Alzheimer será axudado por Miguel e outros compañeiros para non acabar na planta superior da residencia, o lugar máis temido onde fican vexetais anciáns asistidos por máquinas.
O plan de Miguel tinta de comedia e tenrura o día a día da residencia empezando unha nova vida, no lugar onde a moitos so lles quedaba rematala.
Déixovos o tráiler e algunhas reseñas da crítica:
“Unha das películas españolas máis logradas, de calquera xénero, dos últimos anos”
- Neil Young, The Hollywood Reporter
“É divertida, é triste, é doce, é desgarradora. É brillante”
- Peter Bradshaw
“Arrugas, un cómic excepcional, unha película sobresaliente”
- Gregorio Belinchón, EL PAIS
Xa facía tempo que as salas de cine galegas non proxectaban unha produción do pais.
Vilamor é a nova aposta do audiovisual galego, da man de Ignacio Vilar.
Déixovos o tráiler desta gran producion de xente que soñaba cun mundo mellor e decidiu facelo realidade